O Museo de Arte Contemporánea de Vigo programa dous obradoiros sobre manga dentro das actividades da súa mostra de arte xaponesa

Manga con MARCO

30/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A inclusión de banda deseñada nas actividades dun museo de arte contemporánea non é algo habitual. Desta volta é o MARCO de Vigo quen dá o paso e programa dentro das actividades didácticas da exposición “Chikaku. Tempo e memoria en Xapón”, dous obradoiros dedicados ao manga. O debuxante xienense Tomás Morón será o encargado de impartir estes talleres. Por unha banda, haberá un para maiores de catorce anos que se desenvolverá entre os días 27 e 29 de decembro en sesión de tarde que ten unha matrícula de trinta euros. O día trinta celebrarase a sesión para nenos, que terán entrada de balde e para o que só terán que pagar os adultos que os acompañen.

Máis información no web do MARCOe en Terra.es;web de Tomás Morón

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Banda deseñada, Xapón, Pontevedra...