Amplíase o proxecto de recuperación de lúpulo en Betanzos

Dosier: Cervexa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Amplíase o proxecto de recuperación de lúpulo en Betanzos

A terceira colleita de lúpulo en Betanzos chegou a 2.200 quilos desta materia recollida nunha hectárea de terreo. O cultivo, promovida por Estrella Galicia con vistas a tirar edicións especiais desta bebida, ampliou desta volta o seu volume. Ademais, uns corenta agricultores participaron onte na charla sobre este cultivo, e está previsto que para o vindeiro ano se poidan colleitar catro hectáreas. Agora, desde a cervexeira anuncian o seu interese por promover tamén o cultivo de cebada de primavera, con vistas a conseguir máis materia prima galega para fabricar a cervexa. Coñece máis sobre a recuperación deste e doutros cultivos no noso dosier.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Estrella Galicia, Culturagalega

Claves

Lugares