Cando nos falan dunha cervexa galega, no primeiro que pensamos é na archicoñecida marca Estrella Galicia. Non nos falta razón, durante anos a empresa Hijos de Rivera levou en solitario o testemuño da fabricación desta bebida no noso país. No entanto, houbo tempos en que, canda a ela, outras marcas competían no noso mercado, e os nosos campos estaban inzados de lúpulo. Da outra banda, pequenas iniciativas artesás están a se desenvolver no noso país na busca de novos sabores.
Aínda que a cervexa se está a elaborar desde a Idade de Pedra en todo o mundo, no noso país o consumo non se xeneralizou ata ben entrado o século XX, coa produción industrial desta bebida. Miguel Vila, "Colineta", blogueiro e gastrónomo de pro, explícanos que "todos os historiadores falan de que a bebida alcohólica primitiva foi a cervexa, e é de supoñer que tamén sería unha das que consumisen os pobos que habitaban Galicia". Foi a dominación romana, segundo nos sinala este afeccionado á cociña, a que xeneralizou o consumo do viño. "A historia moderna da cervexa arrinca realmente no Estado a comezos do século XX, que é cando nacen as grandes marcas que aínda se manteñen". Mahou (1890), Águila (1900), Cruzcampo (1904), ou Damn (1910) son algunhas das que sobreviven desde entón. "Foi tamén por esta época cando se iniciaron as plantacións de lúpulo. Semella que as primeiras de certa entidade en todo o Estado foron precisamente en Betanzos, e que logo o seu cultivo se foi desprazando para León", de onde continuamos a traer, na actualidade, esta materia prima para a nosa cervexa. En Galicia, a introdución das fábricas de cervexa veu, como tantas outras modernidades, do estranxeiro.
A estrela
En Galicia, non cabe dúbida que a traxectoria máis destacada neste campo é a de Estrella Galicia. En 1906 José María Rivera puña a andar na Coruña unha fábrica dedicada a este produto, tentando repetir no noso país a experiencia que desenvolvera na emigración mexicana. "La Estrella de Galicia" vería un grande impulso ao longo dos anos vinte cando Ramón, fillo do fundador, conseguía en Alemaña o título de Mestre Cervexeiro e desenvolvía a mecanización da fábrica, o que permitiu atender unha demanda crecente. Aínda que a Guerra Civil e mais a II Guerra Mundial supuxeron un certo parón na actividade, a fábrica retomou o seu crecemento incorporando novos sistemas de mecanización ao longo dos anos cincuenta. Na actualidade, a produción supera os oitenta e dous millóns de litros anuais, que se reparten entre os diferentes tipos de cervexa que levan a marca, e a "Estrella Galicia" conseguiu converterse nunha icona do noso país.
A cervexa dos ingleses
Pouco tempo despois que Estrella, Oleiros vía tamén a posta en marcha da súa propia fábrica de cervexa. Desta volta foron dous ingleses, Henry e Robert Guyatt os que apostou por esta bebida, tan popular no seu país, coa fundación da Corunna Brewing Company en 1913. Esta factoría produciu diferentes variedades de bebida no estilo británico: "Pale ale", "Strong ale", "Double stout", ou "Mild Ale" entre outras. Segundo recolle no seu libro "A fábrica de Perillo (1905-2005)" Sabela Figueira, estas cervexas ían destinadas na súa maior parte á colonia de ingleses que por esta época estaba asentada en Ferrol a traballar no campo da construción naval. Problemas internos entre os socios e a diminución desta colonia levaron a que a factoría cesase a súa actividade xa cara a 1920. Robert Guyatt presentou en 1930 un novo proxecto para botala a andar, coa idea de acadar unha produción de 20.000 hectolitros (catro veces a produción de Estrella Galicia na época), que finalmente non chegou a se concretar, frustrando a posibilidade de contarmos cunha maior variedade de cervexas nos nosos bares.
Cañas de Vigo e de Ourense
Tamén foron emigrantes retornados os que, cara aos anos sesenta, puxeron en marcha en Ourense Cervezas San Martín. Esta fábrica, instalada no polígono de San Cibrao, chegou a ter douscentos cincuenta empregados, segundo recolle o historiador José Somoza Medina na súa obra "El desarrollo urbano en Ourense : 1895-2000". Logo duns dez anos de actividade, a crise industrial dos primeiros anos setenta reduciu enormemente a actividade desta factoría, que finalmente abandonou, a comezos dos anos oitenta, a fabricación da marca. Logo disto, a fábrica integrouse no grupo Mahou-San Miguel, no seo do cal mantén a produción de malta para a fabricación desta bebida escumosa. É pouco coñecida tamén a existencia en Vigo dunha fábrica do grupo "Cruz Blanca". Esta marca cervexeira, nacida en Santander, mantivo durante bastantes anos presenza na Cidade Olívica, canda a outras factorías distribuídas por todo o Estado.
A opción artesá
Nos últimos anos, o mundo cervexeiro vive en Galicia un auxe coa implantación cada vez maior de locais especializados nesta bebida. Aínda que a nosa tradición non é a de países coma Bélxica ou Inglaterra, xa temos constancia da existencia das primeiras microcervexerías, locais que fabrican e venden a súa propia cervexa. Foi o caso da xa desaparecida "Rías Baixas", de Vilagarcía, que tentou este formato entre 1995 e 2002 e que finalmente fechou. Na actualidade, mantense en Galicia unha iniciativa de fabricación de cervexa a pequena escala, Cervexas Monte Rei, con base no concello homónimo. "Que eu saiba, como fabricante artesán con rexistro sanitario para embotellar son o primeiro", explica desde a súa fábrica Pablo Casanova, responsable da marca. "A idea xurdiume hai seis anos, comecei a fabricar a pequena escala na casa. Metíaa nun barril e convidaba os clientes da cervexería que tiña entón para que me dixesen qué lles parecía", explica. Aínda que polo de agora só fabrica cervexa rubia, ten en carteira receitas de diferentes variedades. "Fago negras, tostadas, con especias, brancas e de trigo, todo mediante investigación propia, a base de facer probas e probas", sinala. Na actualidade produce uns seiscentos litros mensuais que distribúe el mesmo por diferentes locais de Verín e Xinzo. Entre os proxectos máis inmediato, ademais de incrementar a produción, está o lanzamento da primeira cervexa tostada galega.
O novo lúpulo
Entre as novas cervexeiras que nos achega este ano está a posta en marcha dunha nova plantación de lúpulo en Mabegondo, nas proximidades de Betanzos. Logo de case cen anos, este vexetal, tan apreciado para a elaboración da bebida, volta a estes campos. A iniciativa responde a un acordo entre a Estrella Galicia e a Xunta, que achega a esta experiencia as instalacións do seu Centro de Investigacións Agrarias. Polo momento son 1.500 metros cadrados de agro os que se dedican a este fin, e da produción deste espazo sairá a finais de 2006 unha cervexa coa que a marca coruñesa quere celebrar os seus cen anos de existencia. Ademais, agárdase que esta experiencia sirva para ver as posibilidades económicas de estender o lúpulo no noso país. ¿Veremos unha nova fornada de cervexas galegas?