BD e ilustración na biblioteca de Ferrol

Diferentes autores ofrecerán charlas nestas instalacións

10/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Fran Bueno, Fausto Isorna, Siro López, Xaquín Marín e Kiko da Silva son os autores que, a partir do día 11, visitarán a Biblioteca Municipal de Ferrol. O centro acolle por primeira vez unhas xornadas dedicadas á BD, a ilustración e a animación. Cada xoves, ata o vindeiro día nove de outubro, un destes creadores achegarase ao público da biblioteca para darlles a coñecer o seu traballo a partir das sete e media da tarde. A concelleira de Cultura de Ferrol, Iolanda Díaz, sinalou que con esta iniciativa “unha aposta pola diversidade no marco da Biblioteca Municipal".

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Siro López, Xaquín Marín, Kiko da Silva, Fran Bueno...