Som do Galpom gaña o II Nsaio no Camiño

O grupo asinará contratos cunha discográfica e cunha compañía de management

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O quinteto de Ames Som do Galpom fíxose gañador do II Certame Nsaio no Camiño, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e o Xacobeo. O grupo asinará agora un contrato cunha discográfica estatal e outro cunha empresa de management. Canda a eles, chegaron á final Maryland, Telémaco, Sinefres e Loba Loo dos 150 grupos que se inscribiron no certame. Os finalistas terán agora a oportunidade de participar en circuítos de música ao vivo e diferentes eventos.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Xacobeo, Dirección Xeral de Xuventude, Ames

Claves

Conceptos
Lugares