Xa están decididos os cinco grupos finalistas do certame Nsaio no Camiño

Este xoves en Lugo escollerase ao gañador da segunda edición do certame

2/9/2008 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

A clasificación esta pasada fin de semana dos boirenses Sinefres (rock) e dos composteláns Loba Loo (folk) pecha o cartel de finalistas desta II edición de Nsaio no Camiño que se completa con Maryland (categoría pop), Som do Galpom (mestizaxe) e Telémaco (novos valores). Lugo acollerá este xoves, 4 de setembro, a fase final deste certame na que competirá un grupo por cada unha das categorías musicais do certame. Un xurado especializado escollerá ao gañador definitivo de Nsaio no Camiño 2008. O premio será a gravación dun disco nun dos mellores estudos de gravación de España e a sinatura dun contrato cunha discográfica de nivel estatal e máis un contrato de management. O traballo discográfico será distribuído e promovido en todo o Estado. O artista consagrado que respaldará este concerto será o grupo de rock e tex-mex Los Lobos.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Rock, Pop, Folk

Claves

Conceptos
Lugares