Os espectáculos deixaron unha fin de semana intensa en Galicia

Espacios con palabras

O pano non cae en Galicia estes días. E é que a actividade teatral segue a ser un dos platos fortes para degustar en numerosas localidades. E de diferentes cores, matices, textos e representacións. En primeiro lugar, dentro do marco do festival "Alternativa 2002" que se celebra en Santiago tres poetisas decidiron ser elas mesmas as que levasen os seus textos a escea. E o resultado foi "Autoras galegas en escea" . Menos orixinal, pero tamén significativa foi a estrea de "Animaliños" a última obra de Roberto Vidal Bolaño que se presentou no marco do ciclo "Sábados Teatrais" de Ferrol. E outro ciclo, pero que pechou foi o de Pontevedra, o dos "domingos do principal" que adaptou para os máis cativos "A frauta máxica".

Mulleres e voces


Lúpez Gómez, Anar Romaní e Anxos Romeo teñen, desde o sábado, unha cousa máis que engadir ó seu currículum. E ese engadido chámase "Autoras galegas en escea" que non é outra cousa máis que a de presentar unha peza escénica conxunta na que poñen a a palabra no teatro. Foi un achegamento á dimensión teatral da poesía que contou coa dirección de Ana Vallés que soubo amalgamar dun xeito efectista estilos literarios ben diferentes cunha posición no escenario de xeito atractivo. Toda unha novidade que se insire dentro da liña renovadora e diferente que pretende ofrecer o festival "Alternativa 2002" que se celebra estes días en Santiago.











Animaliños en Ferrol



O coñecido autor teatral galego, Roberto Vidal Bolaño, acaba de presentar nova obra. E chámase"Animaliños" que constitúe a terceira parte dunha triloxía iniciada con "Anxeliños", e "Criaturas". E os encargados da posta en marcha desta obra foron os habituais colaboradores con Vidal Bolaño, "Teatro do Aqúí". A obra foi representada o sábado no Auditorio Municipal de Ferrol cun éxito de participación.
A obra conta a historia dun grupo de persoas que tentaron exterminar unha praga de caracoles nun pequeno xardín dunha urbanización de chalés adosados a través dos métodos máis peregrinos.
A obra volverase a poñer en escea hoxe, ás oito da tarde, no Padroado de Cultura de Narón, desde onde se trasladará, en breve, a localidades da comarca de Ferrol e de Cariño.





Fin dos domingos


Ata onte os domingos convertíronse en días moi especiais para os cativos. E que era estes días nos que o Principal abría as súas portas para que os pequenos puidesen achegarse ó teatro. Desde o pasado 13 de xaneiro ata onte, segundo fontes da organización, uns 4.000 cativos tiveron a oportunidades de particiar neste programa.
E os encargados de despedir este programa de actuaciós foi a compañía catalana "Oberta Oberta" que fixo unha adaptación da obra "A frauta máxia" de Mozart para os nenos. Cunha montaxe reducida ós principais parámetros