Estes dÃas preséntase na Mostra de Venecia a vida de Lorenzo da Ponte, amigo de Giacomo Casanova en Venecia e letrista de Wolfgang Amadeus Mozart, co que traballou en Viena tras ser desterrado de Italia polo seu aloucado estilo de vida. Este biopic co que Carlos Saura se achega á figura de Mozart ten cun peculiar protagonista: Borja Quizá. Este coruñés é moi coñecido nos circuitos lÃricos (á mesma hora que Saura presentaba un adianto do filme no Lido, Borja ensaiaba en Madrid unha ópera de Verdi que pronto estreará no Teatro Real) e participa nesta incursión puntual no sétimo arte, ao tratarse dun proxecto moi plástico que está a medio camiño entre un musical e un biopic.