Hai uns meses dous pintores de Canido (Ferrol) promoveron unha iniciativa para desenvolver unha experiencia de arte na rúa. O proxecto consistÃa en pedirlle a varios pintores que desenvolvera murais inspirados no famoso cadro de Velázquez, As meninas. Pero unha das pinturas, a desenvolvida por Jorge Cabezas desapareceu baixo un manto de pintura branca tan só dous dÃas despois de pintalo. ¿O motivo? Que un veciño estaba disconforme co resultado. Cabezas xa anunciou a súa intención de volver pintar o mural outra vez.