Un ferrolán pinta de branco un mural de Jorge Cabezas porque non lle gustaba

O pintor realizara o mural no marco dunha experiencia de arte na rúa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hai uns meses dous pintores de Canido (Ferrol) promoveron unha iniciativa para desenvolver unha experiencia de arte na rúa. O proxecto consistía en pedirlle a varios pintores que desenvolvera murais inspirados no famoso cadro de Velázquez, As meninas. Pero unha das pinturas, a desenvolvida por Jorge Cabezas desapareceu baixo un manto de pintura branca tan só dous días despois de pintalo. ¿O motivo? Que un veciño estaba disconforme co resultado. Cabezas xa anunciou a súa intención de volver pintar o mural outra vez.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)