Para a utilidade do meu reino constrúo unha poboación no lugar que se chama Crunia, xunto á torre de Faro. Este texto Alfonso IX está pegado no chan da praza de María Pita e é unha das 42 citas que fan parte do proxecto Verbas na rúa. Unha iniciativa que pretenden recoller as palabras de poetas, novelistas e historiadores que tiveron relación coa cidade da Coruña. Curros Enríquez, Ánxeles Penas, Xavier Seoane ou Luisa Villalta son algúns dos autores que forman parte deste proxecto.