A Escola de Teatro de Ourense comezará a funcionar en setembro cun ciclo formativo de xestión de espectáculos

O prazo de matrícula xa está aberto e ofértanse 22 prazas

29/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O vindeiro curso académico os ourensáns contarán cunha maior oferta educativa, ao incorporarse o ciclo superior de formación profesional de “Xestión e promoción de producións audiovisuais, radiofónicas e espectáculos”. Isto é posible grazas a un convenio entre a Consellaría de Educación e o Concello de Ourense que permitirá dotar de contidos a Escola Municipal de Teatro, inaugurada o pasado mes de xuño. O centro ten capacidade para 22 alumnos e o módulo que comeza a impartirse ten unha duración de 2.000 horas repartidas en dous cursos.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ourense, Educación, Concello de Ourense...