O tesouro de Carraxe unha nova versión da primeira aventura do pirata galego Trasmallo, está xa nas librarÃas da man de Cerditos de Guinea Cómicas. A obra conta con 54 páxinas a cor a cargo de GoChi. Canda a el, o volume inclúe material extra de Manel Cráneo, Dani Montero, Hugo e Sergio Covelo, un prologo de Diego RodrÃguez e unha entrevista ao autor. Ao tempo, a editora adianta que está a traballar na terceira entrega da serie, Escola de Piratas, e que no seu anovado web, achegará cumprida información de como avanza este proxecto. Este espazo virtual achegará tamén unha sección chamada Lata de ferramentas na que se poderán coñecer polo miúdo os trebellos e técnicas máis habituais no mundo da banda deseñada.