Cerditos de Guinea lánzase á edición de álbums franceses

Os cinco loitadores é o primeiro proxecto que sairá á luz

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cerditos de Guinea lánzase á edición de álbums franceses

O primeiro volume da serie francesa Luchadores five, La cité des hommes brisés verá a luz en galego da man de Cerditos de Guinea Cómics, co título de Os cinco loitadores. Segundo adianta David Prieto Gochi, a súa recente visita ao Festival de Angoulême coma parte da delegación galega permitulle fechar con Humanoïdes Associés a edición desta obra, con guión de Jerry Frissen e mais debuxo de Bill. A intención de Cerditos é publicar a obra ao longo do verán. O volume, de 64 páxinas sairá cunha tiraxe de mil exemplares.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cerditos de Guinea, Gochi, Guión, Debuxo...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares