Ourense acolle a presentación de “A Santa Compaña”, nova entrega das aventuras de Trasmallo

Na compaña de Gochi

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
David Prieto, “Gochi” presentará no marco das Xornadas de Ourense, “A Santa Compaña”. Este álbum de 56 páxinas é a segunda entrega das aventuras do pirata Trasmallo, que xa vira un primeiro volume da man do Concello de Ribeira. Neste volume, o protagonista da obra terá que se enfrontar ao coñecido fenómeno sobrenatural que lle dá título ao libro. A presentación será o vindeiro día seis de outubro ás doce da mañá.

Máis información no blog de Cerditos de Guinea e naficha do autor

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gochi, Santa Compaña, Ourense, Concello de Ribeira...