Practicamente cada un dos sete compoñentes do grupo que se presenta en concerto o vindeiro luns foi ou é parte doutro proxecto musical coñecido do panorama galego. Berrogüetto, LeilÃa, AlfolÃes, Xochilmica, Almáciga ou a banda de Susana Seivane son algúns destes grupos dos sete artistas que integran Pesdelán, que buscan nesta nova aposta recuperar a cultura participativa das festas e poñer á xente a bailar cun repertorio que abrangue temas tradicionais galegos e portugueses, arranxados dun xeito divertido e orixinal. Pesdelán son Guadi Galego, UxÃa Cribeiro, Montse Rivera, Mercedes Prieto, Xan PampÃn, Carlos Freire e Miguel Flores. A súa presentación terá lugar cun concerto aberto na Praza do Toural de Compostela ás 23 horas do luns 28 de xullo, na mesma praza estarán desde as 20:30 horas ofrecendo un obradoiro de danzas galegas e portuguesas para ir quentando os pés do persoal.