Os encontros de cerámica de Sargadelos ábrense á reflexión técnica e de deseño

Cervo acolle a vindeira semana o Taller Internacional de Tendencias Cerámicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

É xa unha tradición con case corenta anos ás costas que cada verán as instalacións de Sargadelos en Cervo acollan visitantes de todo o mundo interesados en aprender e compartir experiencias sobre a cerámica. A maiores desta iniciativa, os vindeiros 29 e 30 de xullo celébranse nestas instalacións o Taller Internacional de Tendencias Cerámicas. Tecnoloxía, usos e formas. O encontro conta este ano coa participación das tres universidades galegas e de centros coma o Instituto de Cerámica ou mesmo de centros de arte contemporánea coma o Centro Galego de Arte Contemporánea ou o MARCO de Vigo. Neste encontro, ademais de analizar as posibilidades de deseño, tecnoloxía e de innovación industrial neste campo, reflexionará tamén sobre o rumbo que se lles pode dar a este tipo de encontros. De xeito paralelo manterase durante quince días un encontro de vinte creadores chegados de sete países diferente que desenvolverán pezas de caracter artesán.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Cervo, Tecnoloxía, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)...