A Asociación Galega de Editores reelexiu a Alfonso GarcÃa SanmartÃn como presidente por un perÃodo de dous anos. GarcÃa SanmartÃn, do grupo Edebé-Rodeira, anunciou que a entidade centrará o seu traballo na profesionalización e na proxección internacional do sector. Canda a el, foi elexido vicepresidente Francisco Alonso (Edicións Xerais de Galicia); secretaria, Ana Guerra Cañizo (Edicións Obradoiro); tesoureira, Pilar Sampil (Editorial Galaxia) e cinco vogais: Francisco Villegas (Edicións do Cumio), Irene Penas (Everest Galicia), Antonio Balboa (Edicións Lóstrego), Consuelo Carreira (Sotelo Blanco Edicións) e Tucho Calvo (La Voz de Galicia). A nova directiva apuntou tamén a posibilidade de que o Simposio o libro e a lectura se celebre este ano no marco do Cultur.gal, na Coruña.