A Bienal de Pontevedra explora os vínculos ibéricos co Magreb

A mostra de arte ábrese hoxe ao público

18/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

"Constatamos que hai un sustrato común", aseguran desde a organización da Bienal de Arte de Pontevedra, "que emparenta as creacións á marxe de procedencias ou proxenias físicas". E é que a trixésima edición da Bienal de Arte de Pontevedra, titulada Sen fronteiras. Converxencias hispanomagrebíes busca explorar dous territorios con fortes vínculos xeográficos, a Península Ibérica e o Magreb, pero dúas tradicións sociorelixiosas moi diferenciadas. 29 creadores norteaficanos e españois participan nesta edición.

Tres artistas magrebís
1/2
Imaxe 2
2/2

A Bienal, dirixida por José Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra, está comisariada polo marroquí Abdelkrim Ouazzani, pintor e director do Instituto de Belas Artes de Tetuán (Marrocos) e ten como asesores a expertos arxelinos e tunecinos. A selección hispana levouna a cabo o crítico e comisario Xosé Manuel Lens.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

08/09/2008

Olladas desde o Magreb

Pecha en Pontevedra a Bienal de Arte que foi visitada por preto de 5.000 persoas

05/08/2008

Olladas culturais

Achegámosche unha selección dos artistas galegos que exhiben na Bienal de Pontevedra

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Península Ibérica, Xosé Manuel Lens, Belas Artes...