Olladas desde o Magreb

Pecha en Pontevedra a Bienal de Arte que foi visitada por preto de 5.000 persoas

Unha obra de Amina Menia.
Unha obra de Amina Menia.
Hai un tempo que a Bienal de Pontevedra quixo potenciar o diálogo interterritorial a través da arte. Se outras veces se centrou nos países nórdicos ou nos latinoaméricanos, este ano volveu a súa ollada cara o Magreb, territorio co que mantemos lazos sociais moito máis fondos que os culturais. Recuperamos neste interactivo o punto de vista dos artistas magrebís sobre esta relación.

A falta dos datos definitivos, esta edición da Bienal recibiu 4.957 visitantes (datos do 28 de agosto de 2008 facilitados polo Museo de Pontevedra). Un número non excesivamente numeroso para unha mostra ambiciosa, non só polo número de artistas integrantes, senón tamén pola forte implicación institucional no proxecto. Malia que noutras zonas do Estado se teñen achegado á arte magrebí, nunca se fixera con tanta intensidade e detalle como nesta ocasión. Unha reflexión que resultaba necesaria, porque tal como se di no catálogo, a realidade achéganos cada día coa “chegada masiva e moitas veces incontrolada de inmigrantes”.