O goberno galego contará co asesoramento dun comité de expertos para abordar a reforma da Lei da CRTVG. Segundo anunciou onte a Xunta, o grupo elaborará un informe non vinculante con recomendacións sobre o funcionamento dos medios públicos no noso país. O novo órgano está composto por Antonio Varela Salgado, vicepresidente de AGAPI; Antón Rodríguez Reixa, presidente do Clúster Audiovisual, Xosé Manuel Pereiro Sánchez, decano do Colexio de Xornalistas; Manuel González Menéndez, presidente da Federación Galega de Asociacións de Periodistas; Luís Caramés, catedrático de Economía Aplicada da USC, e Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid. Actuará como secretario Xosé Luís Ledo Andión, xornalista e membro da Escala de Finanzas, Especialidade de Intervención da Xunta de Galicia.
Un comité de sabios abordará a reforma da CRTVG
Está formado por profesionais do audiovisual, do xornalismo, da economía e do dereito
24 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares