Kalandraka continúa a súa expansión internacional

Unha delegación en México segue á que abriu en Italia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha exposición e actividades no Museo da Cidade de Querétaro están a ser a presentación do selo mexicano de Kalandraka. Libros para soñar inicia a súa andaina coas obras Chivos chivones, El pollito de la avellaneda, El viaje del bisabuelo e mais Orejas de mariposa. Ademais de introducir en México os títulos da casa nai, o novo selo quere servir tamén para publicar obras de autores deste país. A apertura desta marca chega tres meses despois da delegación italiana de Kalandraka, Libri per sognare, que ten a súa sede en Florencia.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, México, Italia

Claves

Entidades
Lugares