Investigadores discuten no CCG o papel das elites emigrantes no Río da Prata

O curso reúne a especialistas de varias universidades do Estado

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Entre hoxe e o venres, historiadores analizarán o papel das elites emigrantes na historia dos países do Río da Prata no curso de verán da USC "Elites emigrantes ibéricas no Río da Prata: Patriotismo, intermediación política e proxectos culturais" que organizan os profesores Xosé Manuel Núñez Seixas e Marcela García Sebastiani. O curso celébrase no Consello da Cultura Galega e nel os expertos debaterán e exporán sobre xornalistas, industriais e líderes políticos que desempeñaron un papel activo na emigración.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Consello da Cultura Galega