Debaten no CCG sobre nacionalismo galego e diáspora

Celébrase entre hoxe e mañá

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Consello da Cultura Galega organiza o terceiro congreso internacional As Irmandades da Fala, desta volta centrado nas relacións entre nacionalismo galego e diáspora entre 1936 e 1936. Esta terceira cita pretende revisar o galeguismo na diáspora, analizando as súas características coas semellanzas e diferenzas dos nacionalismos europeos. De maneira case simultánea á fundación das Irmandades da Fala na Galicia europea, xurdiron nas principais colectividades galegas de alén mar, nomeadamente na Habana, Bos Aires e Montevideo, mais tamén de xeito puntual en lugares como Antofagasta ou Chaco, grupos de emigrantes que se identificaron cos novos postulados políticos defendidos polas Irmandades. Vencellábanse en parte aos grupos rexionalistas e de apoio á cultura galega que xurdiran con anterioridade, así como ás sociedades mutualistas ou de instrución. Algúns emigrantes arribados a América despois de 1917 serviron tamén de propagandistas e convertéronse en líderes do galeguismo, como o escritor Eduardo Blanco-Amor ou Ramiro Illa Couto; outros líderes galeguistas xurdiron dos ambientes societarios galegos de carimbo agrarista, republicano ou socialista. Ramón Villares e Xosé Manuel Núñez Seixas son os coordinadores desta cita.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diáspora, Irmandades da Fala, Ramón Villares, Consello da Cultura Galega...