Tras a caÃda de parte do teito da sala de exposición do Museo de Historia Natural de Ferrol e a visita dos bombeiros, os membros da Sociedade Galega de Historia Natural decidiron pechar o museo ante os riscos para a saúde dos visitantes: "Non podemos poñer en perigo as vidas daquelas personas que se achegan a contemplar o que se conseguiu co esforzo e o traballo de naturalistas e cientÃficos ó longo de máis de trinta anos", aseguran no blog da asociación. O museo foi pechado o 4 de xullo ante a falta de expectativas para obter financiamento para a súa reforma.