A Fundación Granell e Caixanova asinan hoxe un convenio de colaboración para pór en marcha a mostra "El arte de la conversación. El último surrealista español" que visitará varias localidades de Galicia e as principais cidades de Portugal amosando unha colectánea da pintura do artista recentemente falecido.
Acordo
A directora da Fundación Eugenio Granell, Natalia Fernández, e o director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinarán esta tarde o convenio polo que ambas entidades colaboran na organización da mostra "El arte de la conversación. El último surrealista español". Este convenio, cunha duración de dous anos, contempla que Caixanova se fai cargo da edición do catálogo da exposición.
Esta mostra recolle unha selección da obra realizada polo pintor galego ó longo da súa vida, centrándose nas tres etapas máis diferenciadas do artista e presentando esculturas e óleos. Entre as obras que se poden ver inclúense algunhas, coma "Su lluvia perfumada" que nunca foran expostas en Galicia con anterioridade. Os fondos proveñen tanto da Fundación Granell como de coleccións privadas.
De xira
A mostra comezará o seu itinerario por Lugo, onde poderá verse a partir do dÃa un de marzo no Museo Provincial. A continuación a mostra visitará Ourense. A partir de xuño, a obra de Granell visitará Portugal gracias á colaboración de Caixanova e do Instituto Cervantes. Será en Lisboa onde esta mostra representará a España no Pabillón das Nacións. A mostra voltará a Galicia para visitar Ferrol durante o verán, e, xa no vindeiro ano a exposición visitará Vigo, antes de cruzar de novo o Miño para achegarse ata Porto.
Esta é a primeira restrospectiva que se fai sobre Granell en Galicia logo da súa morte. O pasado sete de febreiro a GalerÃa Sargadelos de Barcelona puxo en marcha unha mostra de homenaxe ó pintor, que poderá verse ata o dezaseis de marzo.