Unha campaña tentará concienciar a poboación para mellorar a atención aos nosos visitantes

Galegos de Galicia, tratade ben os turistas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

"Galicia é como ti es" é o lema co que a Dirección Xeral de Turismo quere concienciarnos para que tratemos ben a xente que nos visita. A proposta, que consistirá en spots televisivos e publicidade noutros medios, incide nun campo que, segundo recoñece Turismo, xa é especialmente valorado. Segundo explica a nota da Dirección Xeral, téntase "incentivar a resposta positiva da poboación galega cara os visitantes, logo de observar que un dos factores mellor valorados do destino Galicia é a boa acollida da cidadanía". O pasado ano visitaron o noso país 5,7 millóns de persoas.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo

Claves

Conceptos