A Galicia dos anos vinte chega a Pontevedra a través das fotografías

A ollar o paxariño

Dous fotógrafos cataláns percorreron Galicia entre 1919 e 1922 coa misión de recolle imaxes do país. O arquivo Arxiu Mas de Cataluña era quen financiaba a súa misión. Desde onte, sesenta das súas fotografías poden verse en Pontevedra na mostra que abre hoxe o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) na sala Teucro. Tamén en Lugo están de foto. Na tarde de onte entregáronse os premios do certame Cidade de Lugo, que gañou Roland Malet.

Os anos vinte





Pelai Mas e Alejandro Antonetti foron os fotógrafos e o arquivo Arxiu Mas de Cataluña enviou a recoller imaxes de Galicia en 1919. Durante tres anos recompilaron máis de mil imaxes de todo o país, tanto de paisaxes coma de tipos peculiares. A intención do arquivo catalán era incorporar información gráfica de Galicia ós seus fondos, que ata entón carecían de imaxes do país.

Setenta destas fotografías foron escollidas pola Delegación de Cultura de Pontevedra para retomar a actividade da sala de arte Teucro, baixo a súa xestión.
A mostra foi recompilada polo Centro Galego de Artes da Imaxe, que ten editado unha obra sobre a expedición que deu lugar ás fotos. Logo de pasar pola Cidade do Lérez a exposición viaxará por catorce concellos da provincia ata o vindeiro mes de agosto.











Lugo de foto



O centro sociocultural Uxío Novoneyra acolleu onte a entrega dos premios da segunda edición do Certame de Fotografía Cidade de Lugo, organizados polo Concello e pola Asociación Provincial de Fotógrafos.
O gañador desta edición foi Roland Malet, que recibu 901 euros pola súa fotografía "Misterio", na que retratou unha porta da catedral. O segundo premio foi para Antonio Álvarez, que recolleu a rúa Tinería e o terceiro foi para Serafín Rodríguez pola súa fotografía "Lusco-Fusco".

Ó certame concorreron arredor de cincuenta obras, que permanecerán expostas no centro Uxío Novoneyra durnte quince días máis. Desde a Asociación de Fotógrafos salientouse un incremento na calidade dos participantes con respecto ó ano pasado.