Constitúese en Lalín a primeira asociación galega de cociñeiros profesionais

A entidade inicia agora o trámite de inscribirse despois de aprobar os seus estatutos

Esta fin de semana, despois dun ano de negociacións, constituíuse a primeira Asociación Galega de Cociñeros Profesionais (ACOGA). Un total de trinta restauradores reuníronse en Lalín para pór en marcha unha entidade que agrupará tanto os titulados como aqueles profesionais que leven traballando no sector da hostalaría un mínimo de catro anos. Entre os seus obxectivos destaca o desenvolvemento de programas de formación, realización de iniciativas para sensibilizar á sociedade sobre a importancia da alimentación de calidade e dignificar os productos autóctonos do país. A primeira presidenta deste colectivo é a estradense Elena F. Baloira.