Primeiro porque estaba en mans privadas, despois porque Deputación da Coruña e Consellaría de Cultura non se puñan de acordo na forma de recuperación, pero o dolmen de dombate, o maior monumento megalítico de Galicia, estaba a sufrir os efectos do paso do tempo. O dolmen xa ten proxecto de recuperación, despois de que Francisco Vidal fora seleccionado pola Deputación, agora cómpre aprobar o proxecto técnico e a supervisión de Cultura para iniciar as obras.
