A parroquia do Val recrea a lenda da Pena Molexa en Ferrol

Revivir a pena

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Entre as múltiplas lendas que se asocian coa noite de San Xoán, na parroquia do Val, en Ferrol, teñen a da Pena Molexa. Segundo a tradición, nesa data unha pedra situada no lugar de Vilasuso convértese en doncela, mentres que as penas do castro fanse guerreiros. Conmemorando estas historias,os veciños do lugar celebran, desde hai xa once anos, o seu San Xoán recreando este evento. Desta volta adiantan a festa para o sábado 21 e programan xantares populares, xogos, música e a representación da lenda en si.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, San Xoán

Claves

Conceptos
Lugares