C5 presenta unha "sorpresa xeracional" na súa mostra Artistas en Acción

En Compostela ata o 5 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
C5 presenta unha "sorpresa xeracional" na súa mostra Artistas en Acción

É "unha reunión de tendencias e linguaxes autoesixentes, propios dunha estrutura creativa peninsular, actual, crítica e plural", afirma a galería de arte compostelá C5 da súa mostra Artistas en Acción que se poderá ver ata o 5 de xullo na sala. Diferentes disciplinas artísticas e diferentes procedencias dos artistas que converxen neste "encontro colectivo". De tal xeito, os galegos
Santi Jiménez, Pablo Pérez Sanmartín, Andrea Costas, Alberto Iglesias e Enrique Lista céntranse no retrato social. David Trujillo "incide na fractura entre o privado e o público", María Zambrana "opta por elocuentes poemas de tintes surrealistas" e o francés Hakeem B, mediante vídeo ou debuxo, pensa na "supervivencia do individuo nas sociedades contemporáneas".

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Andrea Costas, Debuxo, Galerías de arte, Santiago de Compostela