Manuel Gallego, Francisco Leiro, Margarita Ledo e o Museo do Pobo Galego son os primeiros galardoados

Premios Nacionais da Cultura Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Manuel Gallego, Francisco Leiro, Margarita Ledo e o Museo do Pobo Galego son os primeiros galardoados

O xurado dos Premios Nacionais da Cultura Galega, organizados pola Consellería de Cultura e Deporte, fallaron o sábado á mediodía os primeiros catro galardóns deste certame de nova creación. Os premios foron para o arquitecto Manuel Gallego Jorreto (Arquitectura e Espazos Públicos), o escultor Francisco Leiro (Artes Visuais), a catedrática Margarita Ledo (Cinema e Audiovisual) e no Museo do Pobo Galego (Cultura Tradicional e de Base). Cada galardoado recibirá un premio en metálico de 15.000 euros.

O mércores e sábado desta semana coñeceranse os restantes premiados nas seguintes categorías: Artes Escénicas, Literatura, Música, Patrimonio Cultural, Pensamento e Cultura Científica.

Esta primeira convocatoria constou de dez categorías. Os membros do xurado podían propor candidaturas e valorar, tamén, as máis de 200 enviadas por diferentes institucións e asociación de Galicia.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Leiro, Manuel Gallego, Museo do Pobo Galego, Leiro...