As xornadas sobre literatura e humor en Vigo, organizadas pola Universidade e Caixanova, analizarán o xeito en que este xénero se plasma na escrita. Pola súa banda, a Quincena do Humor de Compostela achegará á capital galega artistas e obras para facer rir.
Congreso en Vigo
Expertos en literatura de varias partes do mundo achegaranse durante os próximos tres dÃas á cidade olÃvica para analizar a presencia do humor na literatura. O congreso, coorganizado pola Universidade de Vigo e por Caixanova, ten como obxectivo analizar a función do humor a través dos tempos e o seu emprego na sociedade e na literatura.
O congreso contará con máis de cincuenta comunicacións, e pronunciaranse conferencias sobre temas como a visión e ampliación do humor luso-hispano, a literatura e o humor en Galicia ou a ironÃa nas obras de Tom Sharpe, a cargo de prestixiosos expertos como o doctor Paul Seaver, Siro López ou Christian Dalzon.
Quincena en Compostela
Desde o vinte de novembro ó tres de decembro celebrarase en Compostela a Quincena do Humor, patrocinadas pola Capitalidade Cultural Europea 2000 e El Corte Inglés. Entre as actividades previstas, cóntase a celebración do I Simposio de Humor, no que se tratarán temas coma o humor en Castelao, o emprego deste recurso na publicidade ou os humoristas galegos.
O centro comercial Hipercor acollerá actos de sinatura, de libros, unha exposición de humoristas gráficos de "La Codorniz", conferencias e un maratón e lectura. O dous e decembro celebrarase no mesmo lugar unha gala na que se realizará a entrega dos premido da Academia do Humor.
Pola súa banda, no Centro Sociocultural de Vite exporase unha exposición de humoristas gráficos galegos contemporáneos. A quincena pecharase o dÃa tres de decembro cun pic-nic popular.