Mariló Mihura inaugurou as conferencias da quincena do humor de Compostela

De risa

Retranca e humor. Esas foron as características que destacou Mariló Mihura na conferencia de apertura organizada polo Centro Comercial Compostela e o centro sociocultural Aurelio Aguirre. Toman o relevo do humor Siro López, José de Cora, e Manuel Fraga entre outros que foron galardoados coa Codorniz de Prata.


Quincena do humor



Mariló Mihura, sobrina do fundador de "La Codorniz" e colaboradora asidua en "La Golondriz", estivo onte en Compostela para falar do humor. Do humor que se fala nos medios de comunicación e do sentido do humor particular que ten a nosa sociedade. Neste sentido, a escritora destacou a profundidade e a sutileza da retranca galega. Unha conferencia que abreu o ciclo de conferencias que, xunto coa esposición que se exhibe no Centro Comercial Compostela son os platos forte desta quincena do humor. Xaquín Marín, Siro López e Norberto López.











Academia do Humor



A Academia do Humor, unha institución fundada en 1989 acaba de nombrar a Compostela como "Capital mundial do humor intelixente" do 2001.
Ademais acaba de facer público a lista de galardoados este ano coa Codorniz de Prata a aqueles que destacan pola defensa ou labor do humor. Nese sentido José de Cora, director xeral de El Progreso recibirá o galdardón polos seus catro libros de humor "A enciclopedia morada", "Papá", "Cen paxaros en mano" e "Fascinación e misterio dela". Outros dos galardoados son os debuxante de La Voz de Galicia, Xaquín Marín e o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga.