A SGAE destaca un incremento das representacións de teatro, danza e os concertos en directo

Anuario SGAE

7/5/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

As actuacións en directo da música pop viven a súa época dourada no noso país. As cifras dos asistentes aos concertos de Maná, Joaquín Sabina e Serrat ou Fito & Fitipaldis provocaron un espectacular ascenso dos dereitos de autor dese ano, un 31% máis que no anterior. É o que se avanza do informe anual da Sociedade Xeral de Autores (SGAE). Canda esta cifra, o que tamén medrou foron as representacións de teatro, danza e demais artes escénicas (un 11.1%). En canto á actividade de xestión desta entidade, os seus ingresos medraron en Galicia un 2%, e tamén subiu o número de afiliados nun 4.7%, que se traduce en 2.650 socios.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con SGAE, Teatro, Danza, Pop...

Claves

Entidades