Moncho Borrajo e a OSG son os artistas galegos que máis espectadores atraeron no 2007

Memoria pop

22/4/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Sociedade Xeral de Autores presentou esta mañá en Santiago un avance das súas cifras de xestión relativas a Galicia no 2007. Os datos fan parte da memoria anual que se aprobará en Madrid o vindeiro 15 de maio e que dá conta das representacións de pagamento nese período. Segundo a SGAE, “Cabaret”, “Fama”, “Wanted” e “Despedida e peche”, co que o ourensán Moncho Borrajo puña fin á súa carreira artística, foron os espectáculos de artes escénicas que máis espectadores conseguiron. En canto aos concertos de musica moderna foron Maná, a xira de Serrat e Sabina, Andrés Calamaro, Fito&Fitipaldis e Alejando Sanz. Na música clásica, a Sinfónica de Galicia é a formación que máis público tivo, ocupando os catro primeiros postos do ranking.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OSG, Pop, Artes Escénicas, SGAE...

Claves

Entidades
Lugares