Presentacións, unha mostra e lectura na rúa son as vindeiras citas da novena arte

Axenda BD

7/5/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A libraría Banda Deseñada de Vigo prepara para esta fin de semena unha dupla presentación de novidades galegas. Os irmáns Jacobo e Norberto Fernández estarán a partir das oito da tarde deste sábado no local para dar a coñecer os seus últimos traballos “Aventuras de Cacauequi” e “O castelo regadeira”, respectivamente. Algo máis ao sur, en Beja, o xa coñecido festival de cadriños portugués contará a partir do vindeiro día dez coa exposición “Dez anos de BD Galega”, que coordinara a AGPI e xa se puido ver en “Viñetas desde o Atlántico”. Para rematar, no Porriño levan as Bds á rúa na iniciativa Bibliopraza, que anima aos cidadáns a se achegar á leitura na praza do Concello.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lectura, Castelo, Banda deseñada, Viñetas desde o Atlántico...