Corenta investigadores galegos no exterior solicitaron retornar ao país

Retornos científicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

A oficina que o Ministerio de Educación puxo en marcha para facilitar que os investigadores que están no estranxeiro volten para traballar no Estado comeza a dar os seus froitos. Deste xeito, corenta científicos galegos solicitaron xa retornar ao noso país para desenvolver aquí o seu traballo, o que sitúa a nosa comunidade como a quinta con máis peticións despois de Cataluña, Madrid, Andalucía e Valencia. A Consellaría de Innovación posúe tamén o seu propio programa para facilitar estes retornos.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Ministerio de Educación, Andalucía, Valencia...