Menos de cento corenta mil persoas len habitualmente en galego

Retrato da lectura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Segundo o Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros para o primeiro trimestre do ano o 0,3 % da poboación española, menos de cento corenta mil persoas, ten como idioma habitual de lectura o galego, último na lista dos idiomas de lectura por baixo do éuscaro, o inglés, o catalán / valenciano e do castelán, idioma de lectura habitual do 92,8% dos lectores. Ademais o 55,5 por cento só le nunha lingua. Deduce tamén o Barómetro que existe unha relación directamente proporcional entre o tamaño do núcleo de residencia e a poboación lectora, existindo menor porcentaxe de lectores en hábitats de pequeno tamaño. O perfil lector maioritario segue a ser o de máis lectoras que lectores e un índice de lectura de ata o 91 % en menores de trece anos que despois vai diminuíndo vertixinosamente coa idade. A principal motivación para ler é o entretemento. Entre os dez libros máis lidos do trimestre cinco deles están dispoñibles en galego, lingua na que se editan o 2% dos libros do Estado segundo o INE.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con INE, Lingua galega

Claves

Entidades
Conceptos