O Consello da Cultura reflexiona sobre os aspectos económicos, sociais e estéticos da paisaxe

Reflexionar sobre o contorno

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Co despoboamento do rural está a mudar o concepto da paisaxe galega, moi vencellada á lóxica produtiva do campo. Ademais, o Parlamento está a debater a futura lei que regulará xuridicamente todos os aspectos relacionados coa paisaxe. Dous momentos que, para Francisco Díaz-Fierros xustifican a necesidade de que o Consello da Cultura galega organice un foro para analizar estas cuestións. Unha actividade que terá lugar do 8 ao 9 de maio e que segundo explicou Federico López Silvestre, outro coordinador o encontro, achegará tres visións: a económica; a de país, a través do relatorio de urbanistas e arquitectos; e a estética, a través de historiadores da arte. Canda eles, o presidente da institución, Ramón Villares, explicou que “servirá para ver en que medida a paisaxe é un constructo cultural”.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Francisco Díaz-Fierros, Ramón Villares, Consello da Cultura Galega