A paisaxe non é exclusivamente un concepto que se refire á estética. Desde finais dos anos noventa, houbo unha serie de correntes normativas que quixeron facer fincapé no seu carácter transversal que afectaba tamén a ámbitos como a sociedade, a educación ou a cultura. Sobre todo isto falouse en Santiago no “I Simposio para o estudo da Convención Europea da Paisaxe e a súa aplicación en Galicia”, que puña sobre a mesa a futura Lei galega da paisaxe que se aprobará no outono.
“Malia que paÃses como SuÃza ou Reino Unido teñen normativas moi desenvolvidas e sólidas sobre a paisaxe, hai un punto de inflexión nas normativas europeas, que é o que marcou o Convenio Europeo da Paisaxe” explica Federico López Silvestre, profesor da Universidade de Santiago. Foi no ano 2000, en Florencia, cando os Estados Membros do Consello de Europa definiron a paisaxe, o seu obxectivo, xestión e o seu ámbito de aplicación. Foi, segundo Federico, o primeiro texto xurÃdico con aval europeo que supuxo un cambio de percepción no contexto europeo. Ver este contexto, os seus retos e oportunidades para Galicia era o obxectivo que pretende ofrecer o simposio académico que estivo organizado pola USC en colaboración co Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega).
As conclusións
“En primeiro lugar, unha conclusión que se sacou é que aÃnda que hai moitas teorÃas, podemos tomar como definición a que se estableceu na convención europea da paisaxe. Esta definición ten en conta un punto de vista obxectivo, a descrición da paisaxe como unha realidade obxectiva e fÃsica, e outro subxectivo cunha vertente perceptiva”, explica Federico López. De feito, o texto da convención, nas súas disposicións xerais, considera a paisaxe como “calquera parte do territorio (Â…) cuxo carácter sexa o resultado da acción e a interacción de factores naturais e/ou humanos”. Quere dicir iso que, alén dos valores estéticos as paisaxes achegan información sobre os xeitos de vida, a historia, modos de subsistencia e mesmo estrutura social dun lugar. Pero todo isto desde un punto de vista teórico. O propio Federico López asegura que “desde un punto de vista práctico puidemos ver os retos polÃticos, sociais e educativos para o futuro. No ámbito educativo, por exemplo, trátase de educar os nenos para que se respete máis a paisaxe”. E todo isto tendo en conta diferentes experiencias normativas que poden axudar a redactar o texto galego.
Os antecedentes
A raÃz do convenio do Consello de Europa, numerosos territorios foron creando os seus novos textos xurÃdicos. Federico López asegura que “Cataluña creou a súa lei no 2005 que, por ser a primeira, foi un referente na penÃnsula e a partir dela xorde a lei da Paisaxe de Galicia”.
A filosofÃa de fondo que establecÃa o Convenio do Consello de Europa pasaba por deixar de abordar a paisaxe de xeito exclusivo a reservas naturais. “As normas antigas aplicábanse a paisaxes que coñecemos como espazos-maceta, é dicir, zonas acotadas, que non podÃan ser tocadas que se quedaban aà para ser vistas desde fóra. Agora, as novas normativas tratan de deixar constancia de que todo é paisaxe e, neste sentido, todo debe ter sido en conta para crear un espazo de maior calidade de vida”.
A lei galega
A semana pasada, no transcurso da inauguración da recuperación da aldea de Salgueiros (Ourense) como sede dun albergue xuvenil e unha aula de natureza nun exemplo de xestión ambiental de Galicia, o presidente da Xunta anunciou que o goberno creará este ano a Rede de Parques Naturais e aprobará no outono a Lei da Paisaxe. Ten por obxecto garantir o desenvolvemento sustentable na Comunidade Autónoma e protexer os espazos naturais galegos, por iso a lei vai paralela a un incremento da superficie declarada protexida.
A dÃa de hoxe, o executivo está a ultimar o anteproxecto de lei que pretende aprobar o Consello da Xunta en outubro para remirtillo posteriormente ao Parlamento. En todo caso, ademais das medidas de xestión e control que figuran no texto, a futura lei contempla a creación dun “Observatorio galego da paisaxe” que deberÃa dar entrada a todas as entidades que, dun ou doutro xeito, teñen que ver na construción da paisaxe.
Ademais, “deberÃa ser unha lei de carácter transversal, explica Federico López, na que estean todas as consellarÃas implicadas na xestión da paisaxe. De feito, no caso da lei catalá, existe un Observatorio no que están todos os departamentos con competencias na materia, penso que no caso galego se deberÃa facer o mesmo para que todas estean informadas e todas participen”.
En Galicia hai 1.600 quilómetros de costa, 31.855 núcleos de poboación, máis dun millón de vivendas, 120 rÃos, 17 rÃas e máis de 400.000 hectáreas recoñecidas e protexidas pola Rede Natura, cifras que establecen que a regulación e ordenación dese territorio por lei é necesaria e urxente.