A banda deseñada galega ocupou boa parte da información cultural da fin de semana. No suplemento “Culturas” de “La Voz de Galicia” atopábamos o resumo da situación da BD galega ao abeiro da última edición do Saló de Barcelona. No seu “Menú de cultura rápida”, no mesmo xornal, Camilo Franco reflexiona sobre os éxitos dos nosos autores, ao igual que Miguelanxo Prado no suplemento de “El Correo Gallego”. Ata Xosé LuÃs Méndez FerrÃn abordou en “No fondo dos espellos” (“La Opinión”) o argumento de “V de Vendetta”, aÃnda que centrándose máis na versión cinematográfica que na novela gráfica de Alan Moore e David Lloyd. A estes artigos súmanse aÃnda diferentes reseñas de obras recentes en diferentes medios e, uns dÃas antes, a entrevista a Antonio Seijas que atopamos en “La Voz de Galicia” edición Ferrol.