Jacobo Fernández e Alex Cal protagonizan senllas entrevista na prensa e Prado expón en Avilés

Redada: Ecos de prensa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A posibilidade de que a serie “North Wind”, que debuxa o vigués Alex Cal, sexa trasladada ao cinema, seduciu os compañeiros de “La Voz de Galicia” que inclúen na súa edición viguesa unha entrevista con este autor. Na sección de cultura do mesmo xornal podíamos ler onte un cuestionario a Jacobo Fernández encol do seu último lanzamento, “Aventuras de Cacacuequi”. Ao tempo, seguindo coa xira que semella que está a facer Miguelanxo Prado, atopamos que o autor estará presente hoxe mesmo en Avilés a través das páxinas que realizou para a versión en BD de “Pedro e o lobo”. A Casa de Cultura desta localidade organiza un concerto didáctico arredor desta obra musical de Prokofiev.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jacobo Fernández, Miguelanxo Prado, Cine, La Voz de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos