Só unha empresa se acolleu ao Crédito-Cultura segundo a resolución de axudas do IGAEM

O teatro e as axudas

Era a gran novidade na convocatoria de axudas deste ano, un crédito con condicións especiais para a produción e distribución de espectáculos, así como traballos discográficos. Sen embargo, o sector non respondeu tan ben á oferta e só unha empresa (Bengala Produccións) se acolleu a esta medida polo momento, xa que a convocatoria continúa aberta. Canda esta resolución, o IGAEM deu a coñecer os resultados dalgunhas das convocatorias de axuda das que se beneficiaron 41 compañías galegas, que se reparten 1.240.000 euros. Ademais da modalidade do crédito, continúan abertas as liñas de axuda á distribución, asistencia a feiras e formación especializada.