Cada ano, arredor do DÃa das Letras Galegas convócase unha carreira por toda Galicia a prol do idioma. É o correlingua que nesta edición comezará o vindeiro 6 de maio na Coruña. O calendario de carreiras e as actividades programadas en cada localidade déronse a coñecer hoxe, xunto coa entrega de premios aos gañadores das diferentes iniciativas: os escolares de 5º de primaria do colexio Pepe de Xan Baña de Santa Comba que gañaron o concurso de banda deseñada; os de 4º de secundaria do centro Vicente Otero de Carral foron os vencedores do manifesto e o “A polo ghit” desta edición foi para o grupo Sinefres de Boiro co seu tema “Noitebús”.