Dous escritores e varios grupos de teatro ven recoñecido o seu labor

E os gañadores son...

Os escritores Agustín Fernández Paz e Álvaro Otero, e varios grupos de teatro de diferentes localidades galegas recibiron onde cadanseus premios recoñecendo o seu bo facer. Álvaro Otero gañou en Cataluña o Premio Nostromo pola súa novela Días de auga. Pola súa banda, Fernández Paz quedou finalista no premio nacional de literatura infantil e xuvenil.

Premio Nostromo





Álvaro Otero saíu gañador do premio literario Nostromo. A aventura marítima, organizado en Barcelona pola Fundación Amigos de Nostromo. O premio dotado cun millón de pesetas e que inclúe a publicación do libro pola editorial Juventud. A novela contrapón elementos de mitoloxía mariña coa historia dun fotografo retirado que se enfronta a unha serie de mortes misteriosas.











Literatura infantil e xuvenil




Agustín Fernández Paz quedou finalista no Premio nacional de literatura infantil e xuvenil que organiza o Ministerio de Cultura coa súa obra Cos Pés no Aire. O gañador foi Emilio Pascual con Día de Reyes.



Certame de teatro Xuventude 2000



Os premios certame de Teatro Xuventude 2000, para grupose teatrais galegos entregáronse onte. Os premiados foron o grupo de teatro Palimoco de Lugo na categoría de grupos independentes, quedanto segundo o Ullán Teatro. Entre os grupos conformados por menores de trece anos, resultou premiado o grupo de teatro do CEIP Os Tilos de Teo, seguido do CEIP Outeiro das penas de Redondela. Pola súa banda na categoría de alumnos de entre 12 e 30 anos de centros de primaria e secundaria gañou o grupo do IES Rodolfo Ucha de Ferrol, e quedou seguindo o IES Val Miñor de Nigrán. Por último, na categoría de facultades e escolas universitariasNeste certame, organizado pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude, resultaron premiados os grupos Sarabela, en primeiro posto e Apeiron Teatro, en segundo.