A Xunta destinará 600.000 euros a mellorar e fomentar o oficio das redeiras

Tecendo redes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Di o dicionario que unha redeira é a persoa que fai, arma ou caza con redes. Pero en Galicia son “un símbolo de identidade de Galicia”, tal e como afirmou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Por ese motivo, o goberno acaba de presentar o proxecto “Arlinga 2008” co que pretende mellorar e dignificar este oficio que ocupa a 1.100 persoas no noso país. Con 600.000 euros achegaranse axudas económicas para facer fronte aos custes da Seguridade Social, e un programa de formación. Ademais a iniciativa pretende activar axudas para fomentar o cooperativismo.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Dicionario, Seguridade Social

Claves

Entidades