Dygra prepara unha longametraxe mentres "O Bosque" sae en video e DVD

Despois da fraga...

Mentres o éxito de "O Bosque animado" segue a dar coletazos en múltiples formatos e fronteiras, os seus creadores, xa teñen as miras postas noutro proxecto. Trátase dunha longametraxe que debe o seu título , "Os mortos van deprisa", a un verso de Rosalía en "A las orillas del Sar", no que pretenden recrear unha comedia moi no estilo das irlandesas. Pero aínda hai máis, un novo filme, novos productos e proxectos. O 2002 preséntase en Dygra Films con moito, moito traballo.

Os proxectos do 2002


O 2002 preséntase moi fructífero para a factoría coruñesa, ou canto menos moi cargada de traballo para esta factoría. Superado xa os seis anos de "O bosque animado", Dygra preténde que o seu primeiro e gran proxecto non os encasille e prepara para este 2002 nova iniciativas e proxectos. A máis importante e chamativa é "Os mortos van ás présas", un filme que se inspira nun accidente real, nunha epopea dun camión que quedou colapsado nunha pequena aldea de Cedeira. Un feito que tivo moito eco nos medios de comunicación por aquel entón. Un filme que deixará de lado a animación, por algún que outro efecto especial. Para este novo proxecto Dygra non estará só, senón que conta co apoio das productoras Buenavista, Artemática e a Televisión de Galicia. Para este proxecto, contarán , entre outros actores, coa participación de Luis Tosar, Chete Lera e Candela Peña. Para esta producción teñen un presuposto de 1.935 euros (322 millóns de pesetas) e que se comezará a rodar o vindeiro 16 de marzo.
Pero esta non é a única idea que se ten en mente en Dygra, xa que embarcaranse nun novo filme de animación coa mitoloxía e a tradición.

Batendo fronteiras e formatos


Logo de arrasar nas carteleiras cinematográficas de todo o Estado Español "O bosque animado" traspasa agora múltiples fronteiras. Pero territoriais e de formato que van a permitir múltiples saídas a este producto. E empezamos polo primeiro, os formatos, xa que o vindeiro 6 de febreiro sairán á venda en vídeo e DVD, 15.000 e 50.000 copias respectivamente que ven a completar as múltiples versións do merchandising orixinado e creado arredor da película.
E o seguinte será a estrea do filme en Latinoamérica e en Europa que, ten previsto que se sucederá en marzo.
E mentras se agardan os resultados de cómo se aceptará este producto en América, tamén se espera que en febreiro se poidan recoller algún que outro premio. A primeira cita é a do 2 de febreiro, día no que se celebrará a gala de entrega dos Goya, á que "O Bosque" compite na categoría de mellor canción orixinal e mellor película de animación. E será tamén en febreiro cando o filme se exhibirá nas salas Leamle Theatre de Los Angeles co obxectivo de conseguir unha candidatura para os Óscars de Animación (unha categoría creada na edición anterior do certame).