A Obra Social “La Caixa” elaborará un mapa acústico submariño galego

Coa orella na auga

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O veleiro Íbero percorrerá a costa galega e irá captando no seu camiño os sons que se transmiten baixo as nosas augas. Con estes datos elaborarase o primeiro mapa submariño completo do noso país, nun proxecto que desenvolve a Obra Social “La Caixa”, en colaboración coa Coordinadora Galega de Mamíferos Mariños. Este colectivo xa elaborara, co apoio da Fundación Barrié, un primeiro mapa acústico das rías de Vigo e de Pontevedra. Segundo aseguran, este novo proxecto achegará un coñecemento máis exhaustivo dos nosos fondos mariños e permitirá comparar os seus resultados cos datos anteriores.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Pontevedra, Vigo

Claves

Entidades
Lugares